Sobre nós

Web oficial do Sindicato Nacional do Ensino Privado de Galicia.

Naceu SNEPdG,  o Sindicato Nacional   do Ensino Privado de Galicia. Somos  poucos,  conscientes  das  grandes  dificultades  que  teremos  para  facer escoitar a nosa voz no difícil mundo sindical. Non temos permanentes sindicais nin  outros recursos económicos que as cotas da nosa afiliación. Pero temos ilusión, gañas,  coñecementos  e  experiencia,  e  estamos  dispostos  a  poñelos ao  servizo das traballadoras e traballadores do ensino privado de Galicia no tempo libre que nos deixe o cumprimento da nosa xornada laboral. Só manda en nós a vocación de servizo.  Non  seguimos  nin  seguiremos  os  ditados  de  ningún  partido  político  ou calquera  outra  organización.  A  nosa  política  é  e  será  a  estrita  defensa  dos intereses dos traballadores. Só política sindical.

Non opinaremos sobre o proceso catalán nin sobre calquera outro tema que non afecte directamente aos intereses do cadro de persoal. Só política sindical. Incrementar o salario, reducir a xornada, aumentar  permisos,  mellorar  as  nosas  condicións  laborais:  esa  será  a  nosa política.  E,  sobre  todo, informar  aos traballadores/as  dos  seus  dereitos  para  que poidan defenderse dos abusos dos empresarios e dos políticos.  Traballaremos  de  forma  democrática,  non  aparentemente  democrática, senón autenticamente democrática, é dicir, participativa. Porque se nas asembleas, nos comités,  en  calquera  órgano  do  sindicato  a afiliación  non  poden opinar, expresarse  con  total  liberdade;  se  non  son  escoitados,  se  non  se  incorporan á política do sindicato e á súa acción diaria as súas opinións e ideas, seremos unha organización  burocratizada  e  estalinista,  como  outras.  E  nacemos  para  ser diferentes,  para  levar  á  practica  unha  nova  forma  de  facer  sindicalismo  nunha sociedade  na  que  a cidadanía  non  se  conforma  con  ser  espectadora  e reclama, con todo o dereito, o seu protagonismo.

As  nosas  forzas  e  recursos  só  nos  permiten  ocuparnos  da  ámbito  do  ensino privado en Galicia pero farémolo sempre desde unha perspectiva de solidariedade e internacionalista. As loitas  laborais  dos  demais  traballadores,  de Galicia  e  de fóra  de  Galicia, de  calquera  outro  lugar  desta  aldea  globalizada  que  é  o  mundo actual, sempre  terán  o  noso  apoio; non  seremos  unha  illa  no  mundo  laboral preocupados só polo noso, e non esqueceremos nunca quen somos, cales son as nosas forzas e onde estamos.

Medraremos. Pouco a pouco.
A dignidade está no salario, e a nosa forza na nosa unión.

A información para todas e todos